Pedro Campos é o único patrón na historia da vela mundial que conseguiu cinco campionatos do mundo consecutivos. A primeira vez que un equipo español puido participar na Copa América, a máxima competición na modalidade de vela no mundo, Campos era o patrón. A participación nesta competición foi un dos momentos máis importantes na crónica deportiva galega. Desde un fermoso galeón, Manuel Manquiña repasa a vida do regatista máis premiado da historia de España e descobre a esencia deste home vinculado de forma imborrable ao mar.