Coleccionista e afeccionado aos cómics, quen tamén fora embaixador no Vaticano, amosaralles aos espectadores da Televisión de Galicia a súa biblioteca e a súa colección de historietas, unha das meirandes de España, con máis de 40.000 exemplares perfectamente organizados. Ademais, lembrará xunto a Manquiña as ávidas lecturas dun dos seus heroes de cómic favorito: O Príncipe Valente.  Fillo de asturiano e betanceira, Paco Vázquez fará un percorrido en “O Gato con Botas” pola súa vida, lembrando a súa infancia, os anos de estudo no colexio dos Irmáns Maristas da Coruña, a súa etapa en Madrid, cursando estudos de Dereito, e o seu regreso á Coruña.