Manuel Manquiña vai cara ao Porriño para coñecer a Óscar Pereiro, campión do Tour de Francia no ano 2006.   Esta vitoria foi un dos momentos que marcou a vida deste deportista. Pero todo gran heroe ten tamén uns principios e hoxe en “O Gato con Botas” coñeceranse en profundidade, para que a audiencia se achegue ao lado máis persoal deste deportista.