Manuel Manquiña entrevista a Manuel Gallego Jorreto, un dos arquitectos galegos máis senlleiros. Nado en 1936 no Carballiño, Gallego Jorreto foi alumno de Xaquín Lorenzo, quen lle descobre na súa infancia a súa vocación para o debuxo. Estudou arquitectura en Madrid con Alejandro de la Sota, que lle contaxia a obsesión co oficio. Desoíndo os consellos dos mestres, Jorreto decide volver a Galicia para modernizala. Vivendas sociais, museos, teatros, templos... e ata a casa do presidente. Xenerosa e funcional, a súa arquitectura crea espazos para unha vida doada, para unha vida mellor.  Á marxe da súa traxectoria profesional, a conversa con Manquiña afonda na faciana máis íntima dun home comprometido coa súa terra e co seu tempo.