Manuel Manquiña achegarase na edición desta semana de “O Gato con Botas” a Pontevedra para coñecer o día a día do traumatólogo estradense Juan José García Cota, xefe dos servizos médicos do Celta de Vigo, que lembrará no programa da TVG aqueles anos dunha infancia feliz pero disciplinada e onde apuntaba xa unha clara vocación á Medicina. Coñecido polo seu carácter nobre e afable, é unha das persoas máis queridas na profesión. Nesta nova entrega de “O Gato con Botas”, García Cota fará un repaso pola súa carreira profesional no mundo do fútbol, desde os seus comezos como porteiro no Callobre ata os grandes éxitos que lle chegarían como traumatólogo na selección española, coa que ergueu a Copa do Mundo.