Jorge Mira naceu en Baio, unha pequena parroquia do concello de Zas. Actualmente é un destacado físico, investigador e divulgador científico de excelencia. A súa sabedoría está a bo recado na facultade de física da USC.  Manuel Manquiña non só fala de física con Jorge Mira. Como gran deportista que é, xa que practica taekwondo, competición en carreiras pedestres, parapente, esgrima, etc., comparte con el un dos seus deportes favoritos: a natación.  Ademais, ensina algún truco de xadrez e “O Gato con Botas” descobre unha das súas grandes afeccións: o baile de salón, do que foi campión galego. Manquiña  comproba as súas habilidades neste eido persoalmente.