Ata Sanxenxo viaxa “O Gato con Botas” para pasar o día cunha defensora das causas perdidas: Irene Milleiro, directora europea de Change.org, que adoitaba disfrazarse de Robin Hood cando era nena mentres xogaba a cambiar ou mundo. Con 17 anos marchou de Pontevedra para estudar Dereito en Bilbao e pasou moito tempo traballando a prol dos dereitos humanos, chegando á mesma comisión europea. Irene cóntalle a Manuel Manquiña como é o seu traballo en Change.org, unha das maiores webs de peticións online do mundo.  Residente en Madrid desde hai anos, recibe o equipo do programa na casa familiar de Sanxenxo, onde acode sempre que pode coa súa muller e os seus fillos. Manquiña fala co seu pai, quen lembra as anécdotas máis curiosas da adolescencia de Irene e pasea polos seus recunchos favoritos de Pontevedra.