“O Gato con Botas” queda en Compostela para coñecer de preto un dos directores de cine españois máis vistos dos últimos anos e referente estatal do cinema de acción: Dani de la Torre.Malia o seu salto á fama, Dani é un tipo sinxelo, un tipo humilde. Embaixador do seu Monforte natal, o seu nome non é descoñecido na carteleira española e faise oco na internacional.Dani de La Torre segue a ter calafríos cando ve unha alfombra vermella. Un home de cine, un home de ficción, cun gran sentido da realidade, un home que amosa que o cine de acción non está reservado exclusivamente a Hollywood.