Carmen Avendaño, presidenta da fundación Érguete para a reinserción e integración dos toxicómanos e nai que declarou a guerra aos traficantes.  Carmen Avendaño, viguesa de nacemento, foi testemuña nos anos 80 da introdución en Galicia da heroína, suceso que cambiou a súa vida cando dous dos seus cinco fillos se converteron en adictos a esta substancia.