Manuel Manquiña visitará na súa casa a Augusto César Lendoiro, o ex-presidente do Real Club Deportivo da Coruña durante 25 anos en que o club fixo historia. Actualmente, despois de ter conquistada a fama de duro negociador, Lendoiro segue dedicándose á xestión deportiva en América Latina e na China. Mentres, escribe as súas memorias, en que ten un peso fundamental o Deportivo, un club que xa non se pode entender sen o reinado dun home a quen os seus pais puxeron nome de emperador.