A súa prolífica carreira como literato foi paralela a unha intensa vida persoal froito da cal naceu a mellor das súas obras: as súas tres fillas, Margariña, Marola e Maíña. Conde naceu en Allariz no seo dunha familia galeguista de clase media, estudou Náutica e Historia, de feito, traballou como mariño e como mestre de historia. A vida levouno por diferentes cidades de Galicia e, finalmente, botou raíces en Brión. O protagonista recibirá o equipo do programa na súa casa, a casa da Pedra Aguda, o seu santuario, un lugar onde vive hai máis de 25 anos e onde atopa a tranquilidade para escribir.