Yaqui Lista é unha muller do mar de Camariñas, e o traballo das mulleres como Yaqui socialmente ten un recoñecemento moi secundario, pero a realidade é que se desapareceran os homes dos portos estes seguirían tendo actividade económica e cultural pero se desaparecera as mulleres non. Nós estamos seguros desta afirmación. Con Yaqui lista imos coñecer como ela loita por lograr o seu recoñecemento ao seu traballo, como supera a invisibilidade para ela e o resto de mulleres que son en si mesmas o mar.