Galicia é a comunidade onde máis mulleres traballan no sector pesqueiro, por isto a Asociación nacional de mulleres da pesca, ANMUPESCA, ten como presidenta a unha muller galega. A mariscadora de Arcade Rita Míguez. Chegou ao marisqueo sen ela buscalo, pero as circunstancia a levaron á ribeira, e implicouse tanto que hoxe representa ante os organismos oficiais con incidencia no sector a todas as mulleres que traballan en España. Rita Míguez. A clave para que Rita Miguez sexa hoxe mariscadora está en que casou co fillo dunha mariscadora. Ata aquela o marisqueo era algo descoñecido, pero foi coñecendo o oficio ata que decidiu intenta exercelo, e xa leva quince anos, e neste tempo foi presidenta da Agrupación de Mariscadoras e patroa maior da confraría de Arcade. Ten a enorme capacidade de saber facerse escoitar e aproveita este don para traballar polo colectivo.