O porto de Sada é un porto de longa tradición pesqueira, o propio nome de Sada fai alusión a lugar abundante en pesca, e habendo pesca, haberá peixeiras, así é. E queremos penetrar nos sentimentos dunha peixeira de Sada, podería ser calquera das que teñen peixería neste porto, e escollemos unha, onde traballan tres peixeiras, e un peixeiro. A peixería recíbenos co nome, na súa fachada, dunha peixeira especialista no corte e limpeza do peixe. Ela é Montse Muñoz e na súa peixería e na súa vida imos sentirnos confortados Tratamos de avanzar na evolución dunha sociedade milenaria, pero que segue perpetuando o rol de que a casa é responsabilidade da muller, e para as peixeiras non ía a ser distinto, por iso imos empezar o día na casa de Montse. Certo é que o seu home leva horas na lonxa da Coruña comprando peixe para a peixería, pero Montse está atendendo a súa filla Noa, e antes de ir a peixería ten que levala ao instituto.