No porto de Vilanova de Arousa as mulleres constrúen a vida co milagre que hai baixo a area que elas recollen cun traballo esforzado que cos anos pasa factura ao corpo, pero o orgullo das mariscadoras de Vilanova e de toda Galicia fai que este traballo non poda ser silenciado nunca. Como é o traballo e a vida das mariscadoras fortes e valentes de Vilanova imos coñecelo coa mariscado apaixonada polo mar Marisa Seco. O día non é agradable, non fai demasiado frío pero un constante orballo fai que a humidade se cale ata os osos, e Marisa Seco traballa dentro do mar, máis humidade e máis esforzo.