Na actualidade en Galicia hai 63 Confrarías é tan só 6 teñen como patroa maior unha muller, só o dez por cento, pero o número de mulleres traballando o mar en todas as Confrarías superan con moito esta porcentaxe, e se falamos da súa transcendencia para que os portos funcionen en absoluto a súa repercusión nos órganos de poder nas Confrarías responde a realidade. Unha das confrarías con Patroa maior é a de Vilanova de Arousa, e a Patroa é María José Vales, mariscadora. María José pertence a unha familia de longa tradición mariñeira, xa a súa nai e avoa traballaban na ribeira ao marisqueo e os homes da familia no marisqueo a flote, polo que o mar é para María José algo máis que o lugar onde realiza o seu traballo, é o seu habitat, e por iso ten un compromiso vital co desenvolvemento do mar e das persoas que viven del, e un compromiso especial coas mulleres do mar.