A finais da década de 1950 Esther Saa, con 14 anos, empezou a traballar na conserva, en Cangas do Morrazo, e xa foi o seu traballo ata o día de hoxe, cun único parénteses de dous anos, o que implica case cinco décadas dedicadas a esta industria, que empregou sempre maioritariamente mulleres, posibilitando para elas unha independencia económica que foi a base para outros moitos logros no avance dos seus dereitos sociais.