Isabel visita O Ribeiro, polo que as receitas van estar relacionadas cos produtos que dan a montaña e o río Miño. A calor e a humidade desta terra producen o famoso viño do Ribeiro e as coñecidas anguías que un tempo abarrotaban o Miño. Como segundo prato, Isabel viaxará a Arnoia para aprender a identificar os seus famosos pementos. As súas veciñas prepáranos de xeito tradicional: fritidos e con sal, pero tamén lle dan unha volta para coñecer máis posibilidades deste produto tan demandado. Non pasamos por alto unha das vilas con máis entidade propia da comarca: o barrio xudeu de Ribadavia, o único que se conserva ata os nosos días en Galicia. E aquí é onde se vai preparar un prato sefardí. Os espectadores tamén poden ver as sobremesas máis solicitadas polos turistas que viaxan ata Ribadavia: os doces hebreos de Herminia. Ademais, Isabel papa un bo susto coas anguías, pero o viño elle un bo remedio, xa que nas termas do Prexigueiro teñen tratamentos de viñoterapia. Para rematar,