Caión é o destino de Isabel, polo que as receitas van estar moi pegadas aos produtos do mar. Esta parroquia da Laracha, a única que sae cara ao mar, ofrece a raia, un peixe moi abundante no seu momento e que se prepara en caldeirada. Tamén bos percebes, grazas ao bater do mar nas rochas. Aquí cociñábanse con cachelos, cocidos na propia auga do mar e, quen o diría, non eran nada apreciados e eran coñecidos como “a comida dos pobres”. Isabel Prada non pasará por alto outras receitas menos pegadas ao mundo do mar e cociñará o fiollazo ou freixó, que formaban o compango cando xa o caldo se quedaba sen fabas e sen patacas. Ese fiollazo consiste nunha comida moi enerxética, xa que leva touciño no medio dunha filloa con moita masa e mesmo azucre. Tanto en Caión coma no resto do concello da Laracha xa non é moi cociñado, cando se fai é para lembrar tempos pasados, en que se comía a diario. Ademais, vemos os característicos que son os hórreos da Laracha a través dun gran coñecedor da zona. Son