Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, os protagonistas de “Nós”, están nesta última entrega acompañados dos humoristas Federico Pérez e Pepo Suevos e xuntos intentan resolver as dúbidas sobre a orixe da noite de Reis. Touriñán exerce de narrador do programa e cóntalle ao público algunhas curiosidades relacionadas con esta noite, coma o momento no que se comezaron a facer agasallos, as carrozas das cabalgatas, a historia do Apalpador, ou a recorrente contraposición entre Papá Noel e os Reis Magos.