“Nós” é un programa de humor que ten como protagonistas a Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán e que se compón de catro capítulos preparados para as festas de Nadal. Este episodio arranca cunha discusión familiar na cea de fin de ano. Sentados á mesa están os Ronchas, unha típica familia galega da que todos os seus membros están interpretados por Pereiro e Touriñán. O debate que establecen os comensais dá pé a nove sketchs, que repasan as tradicións da última noite do ano ao longo da historia de Galicia.
Comezan na prehistoria, para intercalar curiosidades como a de que a tradición de comer as uvas vén de moi antigo, só que os castrexos empregaban landras. Touriñán e Pereiro, acompañados doutros actores como Pepe Suevos e Federico Pérez, viaxan logo ao período da Romanización; a Idade Media, onde os protagonistas son os antigos construtores de catedrais; o Novo Mundo, a época das revoltas Irmandiñas, ou os tempos dos indianos que regresaban de facer fortuna en Cuba. A súa peregrinación