"Anduriña" tivo un éxito inicial cando se estreou en 1968, pero foi madurando co tempo ata converterse nun clásico. Juan e Junior fixeron a primeira versión da canción e anos despois Juan Pardo gravouna en solitario e coas súas fillas varias veces ao longo da súa carreira.  O programa da TVG afonda na polifacética figura de Juan Pardo, clave na música popular española e membro de grupos como Telekos, Pequeniques, Brincos e Juan y Junior.