A Confraría de Camelle agrupa os portos de Santa Mariña, Arou e o propio Camelle. Trátase dunha zona onde o mar bate moi forte porque é unha costa de mar aberto, moi golpeada polos ventos e con moitos baixos e cons. Isto facilita a cría de percebe, que chega a tamaños moi considerables e cun sabor moi especial, pero tamén aumenta a probabilidade de accidentes.