No verán de 1991 doce barcos dos portos de Burela e San Cibrao, que deixaban de estar activos, foron afundidos na Fosa Atlántica a setenta millas do porto de Burela por decisión da Unión Europea, no canto de ser despezados como é o habitual. Foron os barcos Niño Jesús, Ana Mari, Rey Soto, Brisas del Cantábrico, Reina del Mar, Santa María de Burela, Saa, Cristo de Medinacelli, Apóstol Santiago, Jesús Divino, Pablo Sexto e Concha de San Ciprián.