Moitas foron as bandas que viron interrompido o seu traballo, os tempos para reunirse e ensaiar, ou as presentacións de discos. Falamos cos integrantes de Triángulo de Amor Bizarro que actúan esta noite en Boiro para coñecer que lles supuxo a pandemia ante o seu novo disco, cun tema en galego.