Durante as semanas de confinamento máis estrito as fiestras e os balcóns covertéronse no lugar desde o que socializar. Moitas historias naceron desde eses espazos, moitas delas coa música como protagonista. Dos máis afortunados foron os veciños de Pravio, no concello coruñés de Cambre. Alí vive Susana Seivane e eles convertéronse no público para a súa gaita durante este tempo. Eles e os milleiros de persoas que vían os vídeos nas redes sociais.