Nunca está de máis lembrar o nocivo que é o tabaco para a nosa saúde. Moitos son os que pensan que despois de tantos anos xa é tarde para deixalo, pero temos unha noticia, unha boa noticia, que afirma o contrario. Un estudo publicado na revista Nature demostra que as células do pulmón son capaces de repararse por si mesmas se se abandona o hábito de fumar. Por iso temos con nós a Andrea Gallego, responsable do Grupo de Traballo de Tabaquismo da Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia..