Santa Marta de Ribarteme estrea o título de Festa de Interese Turístico Galego con polémica por mor do cambio de situación do recinto e da imaxe da Santa e as desavinzas de veciños co novo párroco. As misas celébranse ao aire libre coas medidas de seguridade correctas, e entre cada unha desas celebracións desinféctanse as cadeiras para a seguinte liturxia. A polémica ten como protagonistas un grupo de veciños con pancartas reivindicativas que están fóra do recinto. Os responsables da organización non quixeron falar para Televisión de Galicia. Cando quixemos entrar no recinto do santuario de Santa Marta de Ribarteme, impedíronnos en todo momento e con moi malos modos acceder a un lugar baleiro persoas con petos amarelos que exercen de seguridade e de control do espazo. Cando pedimos explicacións, díxosenos que hai unha orde de arriba, dunha persoa que está alí que nos impide acceder. Pedimos falar con esa persoa responsable para facerlle unha entrevista, pero con moi malos modos négano