De seguro que algunha vez tropezaron indo pola rúa. Son moitos os que sofren un accidente destas características, pero ás veces poden ter consecuencias graves, é o caso dunha veciña de Vigo que caeu polo mal estado dunha baldosa nunha beirarrúa. Ademais de sufrir lesións, está obrigada a levar de por vida unhas soletas nos seus zapatos. Pois ben, xunto coa indemnización, conseguiu que o Concello asumira o pago destas soletas... conseguiuno ela a través da súa avogada, Ana Quiroga, que hoxe está con nós nesta Revista..