A día de hoxe é practicamente inevitable facer un programa con contidos informativos sen falar do coronavirus. Tendo claras e repetidas as recomendacións por parte dos profesionais sanitarios e chamando unha vez máis á calma ante a outra epidemia, a do medo, hoxe queremos abordar este tema desde unha perspectiva non moi comentada pero que de seguro a moitos lles preocupa. Falamos das mascotas, os animais que poden convivir con persoas afectadas por este COVID-19. Para facelo temos o que máis sabe de animais na Revista, Octavio Villazala, que vén acompañado de Ana Regueiro, veterinaria.