É unha realidade que viven moitas persoas, e moitas familias, pero que aínda está, podemos dicir, agochada para a maior parte da sociedade. As enfermidades mentais seguen tendo enriba en moitos casos o peso de seren consideradas un tema tabú. Algo que desde aquí queremos contribuír a cambiar, porque é unha das reivindicacións da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, que preside Xosé Ramón Girón, que hoxe nos acompaña en 'A revista'.