A Policía Nacional puxo en marcha unha campaña para intensificar a prevención dos calotes ás persoas maiores, xa que son as vítimas preferidas polos estafadores.  Falamos co voceiro da Policía Nacional de Lugo, Manuel Arias. Por desgraza, as persoas maiores adoitan estar no punto de mira dos estafadores. Algúns dos calotes máis comúns son os coñecidos como o do parente ou o da semente. Tamén está o furto amoroso ou o calote do tocomocho. Tamén hai furtos en vivendas que comezan con dúas persoas pedindo axuda por unha mancadura ou que os delincuentes se fagan pasar por traballadores de empresas do gas, teléfono ou luz.