Son parte fundamental, esencia, da pesca española, e sobre todo da galega, o bacallau de Terranova. Neste momento de pandemia incerto para todos, a frota do bacallau vaise xogar boa parte do seu futuro en Europa.Bruxelas di que xa non chega con pescar menos polo estado no que se atopa o mar Báltico. Abordamos esta situación con Iván López, presidente de Asociación Nacional de Armadores de Busque de Pesca de Bacallau, co que tamén imos facer historia deste peixe na gastronomía e na cultura galega.