É un dos males deste século XXI, a soidade, cada vez máis presente na nosa sociedade. Non falamos da soidade buscada, senón dese sentimento non desexado que aquí en Galicia se ve favorecido polo envellecemento da poboación e a dispersión xeográfica. Por iso son tan necesarias iniciativas como a que imos coñecer. Chámase Proxecto Dorotea, unha experiencia comunitaria, din os promotores desta iniciativa solidaria que se desenvolve na parroquia de Breixa, en Silleda. Hoxe temos con nós a Paula Rivela, coordinadora, e dous voluntarios, Vicente Curini e Ana Rey.