Unha actividade descoñecida aínda para moitos, pero que din que se probas, engancha. O cultivo dos bonsais vai moito máis alá do propio labor de xardinería. Non falamos, seica, só dunha pequena árbore, senón dunha obra de arte, e parece que en Galicia, ademais, está gañando cada vez máis afeccionados. Óscar Expósito, presidente do club Bonsai Pontevedra.