3.654 é unha cifra que moitas persoas teñen desde hai algunhas semanas na súa mente. Son o número de prazas que se van ofertar nas oposicións de educación do vindeiro 2020; unha cifra récord en toda a historia en Galicia, que ademais inclúe especialidades que non se convocaran desde hai aproximadamente unha década. Así que hoxe decidimos elaborar algo como unha guía para os que aspiran a unha desas prazas de mestre ou profesor no esino público... Vainos axudar Roberto Rey, xefe de estudos dunha academia en Santiago e Fátima, alumna que prepara estas oposicións..