O sábado ás 19.15h a TVG estrea Anacos de vida, un programa do que nos vén a falar o seu director, Aser Álvarez. Procura de pequenas e grandes historias que están detrás de fotos antigas. Historias que son parte das nosas raíces. En cada capítulo interactúan os maiores e os novos. Animado por dous presentadores que chegan desde o pasado nunha máquina do tempo. Cada programa é unha emocionante viaxe no tempo a través de imaxes e de tres historias.