O vindeiro sábado estaremos atentos ao nacemento dun novo festival de música, chámase “Sons da Canteira”. Un só día, desde as 6 tarde, no que podemos escoitar propostas moi persoais. Comeza o DJ Juanma LoDo e continúa con: Baiúca, Mercedes Peón, e Laura Montaigne&PicoAmperio.Acompáñanos o dúo, que presenta un repertorio que mira o folclore galego-portugués e a música medieval.