Vivimos cada día deste confinamento pensando no momento no que remate, que chegará. Son moitos os que estes días pensan no que van facer cando chegue ese momento. As cousas e os plans materiais xa se poden ir mercando agora para gozalos cando se levanten as restricións. Podemos facelo a través dunha plataforma, Voltaremos, que naceu en Sada. Hoxe falamos cun dos seus promotores, Adrián Brañas.