O comezo de curso está marcado pola incerteza e tamén polas medidas de hixiene que deben cumprir o alumnado e os profesores. Empezando antes mesmo de saír da casa, coa autoavaliación dos rapaces que deben facer as nais ou os pais. E xorden moitas dúbidas ao respecto. Por iso queremos aclaralas con Paula Briones, farmacéutica, membro da directiva do Colexio de Farmacéuticos da Coruña.