O sistema inmunitario dos rapaces e rapazas que padecen algunha enfermidade reumática está máis debilitado, polo que temen a unha maior posibilidade de contaxio na reincorporación ás clases presenciais. Coñezamos cal é a súa situación da man de Yolanda González, nai dun rapaz con artrite idiopática xuvenil, e Ana Isabel Vázquez, da Liga Reumatolóxica Galega..