Saben o que son os edutubers? Parando un pouco non é difícil concluír que se trata dunha combinación entre educación, ou educadores, e YouTube. Precisamente diso se trata, dunha nova maneira de aprender, a través da rede, que nos ofrece múltiples posibilidades e que seica está tendo moi éxito. A tecnoloxía como ferramenta de aprendizaxe e de ensino está cada vez máis presente nas aulas, e fóra delas. Disto imos falar con dúas voces autorizadas na materia: a xornalista Selina Otero e a profesora Alicia Romero.