Moitas cidades de todo o mundo, sobre todo as máis grandes, viron como os seus niveis de contaminación se reduciron considerablemente a raíz das medidas de confinamento. Esta realidade, segundo asociacións en defensa do medio, pode ser contraditoria e ter un efecto rebote cando se retome o total da actividade económica. Imos afondar neste tema con Benito García, director da Asociación Galicia Ambiental.