Máis de dous meses levamos loitando contra a COVID-19. Un tempo en que estivemos confinados, tivemos que aprender a saír aos poucos, en moitas cidades con franxas horarias, e retomar unha nova vida na que as máscaras, a hixiene intensiva e a distancia de seguridade son un elemento máis na nosa actividade cotiá. De todo este camiño que percorremos e do que nos queda aínda por diante falamos con Maite Pérez, presidenta da comisión de infeccións do CHUVI.