Os efectos do confinamento e as novas normas de hixiene tamén se notan no órgano máis grande do noso corpo, a pel. Xa falamos aquí dos efectos da falta do sol por un confinamento tan longo, pero agora que xa podemos saír, coidado porque tamén nos pode afectar negativamente. Ademais, facémolo con máscaras, que seica tamén inflúen na pel. Falámolo con Hugo Vázquez Veiga, xefe de dermatoloxía do CHUS.