Quen dixo que non hai flores no inverno? Sabémolo ben aquí en Galicia, porque nesta época as nosas árbores énchense de camelias, unha flor á que podemos dicir que moitos lle teñen case devoción no noso país. Xapónicas, Sinensis, Sasanquas... son variedades dunha das flores máis nosas, a camelia, hai ata 300... Hoxe en Santiago temos a oportunidade de achegarnos máis a elas e tamén ás súas numerosas aplicacións.