As Miracle están preocupadas por Leo. As rapazas asinan discos e fotos para os seus fans. Jack dalle a Julie unha nota na que pon onde está Leonardo pero ela a cambio ten que levarlle o cofre coas xoias para liberalo. Os Dokus teñen a Leo escondido no soto de Raspberry. Jessica reméxelle o pelo a Leo o que fai que Leo gañe forzas pra enfrentarse a eles e escapar. Roby vai o soto e atopa a Leo furioso. Jessica infecta a Roby. Julie lévalles o cofre pero Leonardo xa non está, ela decátase e escapa tamén, deixando o cofre. As Miracle loitan contra a negatividade e salvan a Roby. Julie está triste por perder o cofre pero Matilda cambiara o cofre, o que teñen os Dokus é falso.