Fisterra, a terra do fin do mundo para os antigos, agocha numerosos enigmas do pasado e do presente. Lugar sagrado para os nosos antepasados, aínda agocha mitos sobre as almas que van máis aló do mar, cara as illas do paraíso. Pero tamén hoxe en día é unha terra de misterios, nos que aínda existen milagres e sucesos sobrenaturais. Ese será o tema da primeira reportaxe de 'Milenio'. Na segunda parte do programa, 'Milenio' entra na casa de Anabela Cardoso, diplomática portuguesa afincada en Galicia que, desde hai máis de vinte anos asegura contactar co outro mundo a través de aparellos electrónicos. Na actualidade, Anabela Cardoso é unha referente mundial no estudo desta disciplina, a Transcomunicación Instrumental.