Pasar por debaixo dunha pedra para sandar doenzas, revivir lendas de dragóns derrotados, ofrecer aos santos ir en procesión dentro dun cadaleito... A relixiosidade popular de Galicia ten romarías senlleiras que amosan unha identidade propia, aínda que tamén universal. Será o primeiro tema deste capítulo de "Milenio", que afonda nas tradicións máis peculiares de Galicia. Na segunda metade do programa, "Milenio" buscará baixo terra os más rechamantes santuarios da nosa xeografía. Cal é o motivo de que se construiran igrexas aproveitando as grandes pedras? Que tiñan de especial estes lugares? Que ritos de iniciación se facían nas saunas castrexas? Que significado teñen os santuarios romanos que aínda existen baixo terra?