Despois de que Sofía expulsase a Alfredo e aos seus homes da produtora a golpe de metralladora, o equipo da serie ten que facer fronte a un novo imprevisto. Os veciños da zona, alertados polos disparos que escoitaron, deron aviso á Garda Civil. Por este motivo, o sarxento Paulo Santiso comezou unha investigación para esclarecer o acontecido. Sen tempo que perder Sofía, Susana, Adrián, Cecilia e Luís preparan unha coartada para desviar a atención sobre eles. Mentres tanto, Sofía e Damián intentan recuperar o control do clan, aínda que non teñen moito tempo para facelo. Alfredo, o líder da mafia colombiana, quedou abraiado coa forma en que Sofía lle fixo fronte e quere dar ao clan dos Canosa unha nova oportunidade. Sofía e Damián non teñen máis remedio que acudir á reunión con Alfredo, aínda que as súas condicións non son doadas de cumprir.